Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies aquí. Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
inicio » club » Historia

Historia

Un equipo de sempre, para sempre...En O Temple 

O ONCE CABALLEROS C. F. é un club lenda do fútbol galego e un dos máis antigos. O seu fundación é difícil de establecer. Non existen documentos que o ratifiquen pero da memoria dos seus maiores dedúcese que a finais do século XIX xa se xogaba ao fútbol no Temple de forma organizada.

Xa nos seus primeiros anos de vida, do mesmo xeito que hoxe, vestía de negro. Cor que se elixiu para diferenciarse de todos os demais equipos e que, nos anos 70, tivo que defender ante a Federación Española de Fútbol porque os árbitros querían que o Club deixase de utilizalo.

 

 

Polo que se refire ao nome, no seu momento chegou a denominarse como ?Once Cabaleiros da Morte, término este último que lle obrigan a retirar cando ascende á Primeira División das Mariñas. Así, a orixe do nome do Club é outro misterio sobre o que hai moitas versións:

Como a de que se elixiu porque os compoñentes da primeira formación tiñan máis idade que os "rapaces" doutros equipos. Ou a de que llo deron once cabaleiros legionarios cando retomou a súa actividade logo da Guerra Civil ou, ata, dáse unha curiosa coincidencia histórica coa Orde do Temple que, asentada nesta zona, cando é disolta no S. XIV os Cabaleiros Templarios trasladados a Castilla para ser xulgados eran exactamente once.

O Club desapareceu durante a Guerra Civil e non rexorde ata a década dos 40 aproximadamente. Constrúese entón o campo da Charca, chamado así por estar situado nunha zona húmida e reenchida con residuos da factoría Cross.

O equipo comeza o seu andadura na Segunda División das Mariñas e o primeiro ano consegue o ascenso.

No ano 79 conséguese o Trofeo Concello de Culleredo e inaugúrase o actual campo de Lendoiro (A Barcala) cambiando o equipo de concello pasando de pertencer ao Burgo (Culleredo) ao Temple (Cambre).

Iníciase un periodo de éxitos deportivos destacando dous títulos nos anos 90: o ascenso dos xuvenís a Primeira (temp. 90 - 91) e o dos senior a Segunda Rexional. A finais dos 90 principio dous trofeos da Copa de Cambre polo que o equipo ten copas de dous Concellos distintos.

A 2000-2001 foi unha das tempadas máis negras do Club. Tanto, que a punto estivo de converterse na última. A paciencia e as forzas de quen viñan loitando terminouse e sen categorías inferiores o Club estaba abocado a ser entregado á Federación. A noite anterior os xogadores máis veteranos (Pacucho, Pibe, Rubén, Barbeito, Brandaríz e Juan Luís) decidiron que si atopaban a cinco xogadores máis eles collerían o Club. Así o fixeron coa axuda dalgúns bos colaboradores.

Na década na que nos atopamos o Once Cabaleiros C.F. recuperou o seu esplendor. Con 17 equipos en todas as categorías desde Iniciación a Veteranos. Con máis de 270 xogadores que forman os diferentes persoais os éxitos e títulos han ir chegando e as súas vitrinas recuperáronse con todo tipo de trofeos. Ademais o seu compromiso social valeulle importantes recoñecementos e unha forte implantación na súa contorna.