Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies aquí. Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
inicio » Cronicas » Torneo Francisco Caridad Martinez Prebenjamín

Torneo Francisco Caridad Martinez Prebenjamín

Moi bo papel do prebenxamín A no torneo organizao polo Marino de Mera, onde gañou dous partidos e perdeu un, acadando a segunda posición do campeonato. 

O San Tirso, que remataría levandose o primeiro posto,  esperábanos no partido inicial. O conxunto do concello de Abegondo foi superior e tivo o partido bastante controlado cunha boa defensa, e xogadores en ataque que marcaron as diferenzas. Resultado final 3-0.

O seguinte rival foi o Rayo Sadense,  que previamente gañara ó Atlético San Pedro con comodidade e que no derradeiro partido perdeu con San Tirso 7-6, nos últimos minutos. 

O xogo foi tremendamente competido e chegaría ó descanso cun 0-0 que reflexaba o acontecido no terreo de xogo, amosando un partido trabajdo e con poucas ocasións.No segundo tempo, ámbolos dous conxuntos melloraron o seu xogo e comezaronse ver xogadas combinadas. 

O primeiro en adiantarse sería o Once Caballeros , cun tanto de Hugo Comendez, aínda que pouco duraría a ledicia xa que minutos despois o Rayo Sadense conseguería o empate. A partir dese momento, o xogo foi dominado polos nosos, que tiveron ocasións pra adiantarse no marcador. 

Non o faría case ata o final, cando Hugo Rivas aproveitaría un rexeite e faría o 2-1 definitivo, conseguindo así unha importante victoria. 

O derradeiro partido gañouse con solvencia 6-1 ante o At. San Pedro , chegando así ós 6 puntos e acadando o segundo posto do torneo.

Os xogadores recolleron con entusiasmo as medallas e o trofeo de subcampión despois do gran campeonato realizado.