Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies aquí. Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
inicio » Albums » ASCENSO INFANTÍS A LIGA GALEGA 2014/15

Album ASCENSO INFANTÍS A LIGA GALEGA 2014/15

O sábado, 17 de xuño de 2015, os infantís do Once Caballeros lograron, por primeira vez na historia do club, ascender Liga Galega. Deste xeito consumaron esa tempada o primeiro ascenso a Liga Galega das categorías inferiores do Club. Nunha tempada na que quedaron 3º na liga regular, só por detrás do RC Deportivo e Montañeiros, clasificáronse para a fase de ascenso. Na devandita fase superaron 3 eliminatorias: Callobre CF, Salvora CF e SD Milagrosa. Un gran logro para o club de todos os seus estamentos: directiva, adestradores, xogadores, pais e simpatizantes froito do traballo de todos estes anos.
O equipo estaba composto por:
Quique (Delegado), Pablo, Raúl, Martín, Tibu, David (Adestrador), Jon (Adestrador), Diego, Cristian, Sánchez, M. Rodríguez, Ana, Gabi, Javi, S. Branco, S. Rivas, S. Fontes, Borja, Jorge e M. Hermo.
Tamén participaron ao longo da tempada os xogadores do infantil "B": Alex, Joserra, Joao, Annass, Pablo Lata e Yago.